jueves, 10 de diciembre de 2015

PROGRAMACIÓN DA 12ª MOTI 2015 (MOSTRA DE TEATRO INFANTIL DE OURENSE) - Programa breve-

A 12ª edición da MOTI celébrase o día 19 de decembro (desfile) e do 26 ao 30 de decembro (programación en salas e animacións) de 2015

18 compañías de Galicia, Andalucía, Comunitat Valenciana, Catalunya, Euskadi, Castilla León e Madrid danse cita en Ourense durante eses días completando un total de 22 representacións.

Unha gran variedade de xéneros que transitan polo teatro de rúa, clown, títeres de luva, teatro de actor, danza, maxia, musical, xestual, teatro de obxectos, teatro con pompas de xabón ou circo teatro.


Adxuntamos a volantina con toda a programación e agradecemos a súa difusión.


ATENCIÓN: 

POR CAUSAS ALLEAS Á MOTI, HAI UN CAMBIO na función do domingo 27 no Auditorio
'Roedores' de Redrum Teatro sustitúe a 'Escondite' de La Coja Dansa
Queremos agradecer a gran disposición de Redrum Teatro e de La Coja Dansa

A volantina que se entrega pola rúa contén un erro nunha das tarifas. O martes 29 ás 17'00 no Teatro Principal, a función de 'Alí Babá y los 40 ladrones' de Borobil Teatroa custa 8€ e non 4€ como figura. É a única representación que se afasta das tarifas de 3 e 4 euros por formar parte do Plan Platea do Ministerio que impón eses prezos mínimos.




Para ver a información de todos os espectáculos, enlaces de vídeo, fotos… consulta o programa amplo da 12ª MOTI
(Información completa e actualizada)